Campaña visitas 2021

Na última Asemblea do SPG fixáronse as datas para as visitas deste ano. As visitas fanse cada ano a tódolos proxectos que forman parte do SPG coa intención de coñecer a súa evolución e facilitar o coñecemento mutuo entre os proxectos.

Nesta ocasión as visitas faranse en Setembro. Os grupos do Morrazo, Vigo-Val Minhor e Redondela rotan as visitas cada ano e nesta ocasión quedan como segue:

  • 05/09 MORRAZO visita VIGO-VAL MINHOR
  • 12/09 VIGO-VAL MINHOR visita REDONDELA
  • 19/09 REDONDELA visita MORRAZO