No SPG A Gavela levamos dende o 2015 construíndo confianza entre produtoras, consumidoras e pequenos comercios coa intención de definir conxuntamente criterios para a produción e distribución de alimentos.

Todo isto dende unha ollada agroecolóxica e labrega, coidando da fertilidade da terra, da biodiversidade nos cultivos e da saúde e dignidade de persoas e animais.