Avançar para o conteúdo

Que garantimos

Con carácter xeral, os membros do SPG deben cumprir os seguintes preceptos:

  • Prohibición de usar produtos de síntese química, como fertilizantes, herbicidas, funxicidas, insecticidas, etc. Prohibición tamén de empregar transxénicos (OGM) de calquera tipo.
  • O SPG non certificará empresas nin proxectos que impliquen beneficios baseados na explotación das persoas. Acéptase, no entanto, a tornaxeira, o traballo familiar e os aprendices voluntarios.
  • Mantemento da fertilidade natural do chan, uso e fomento da biodiversidade e o policultivo.
  • Respecto á dignidade da terra, dos animais e das plantas.
  • Participación activa no SPG.
  • Transparencia dos proxectos: acceso libre e sen restricións ás zonas de traballo, tanto para os verificadores, como para os clientes en xeral.
  • Preferencia polos Circuítos Curtos de Comercialización: venda directa e local.
  • Apoio mutuo en lugar de competencia.
  • Prohibición de compaxinar actividades amparadas polo SPG con outras en convencional(*).

Os criterios concretos que deben cumprir os membros do SPG están definidos por sectores, e pódense consultar na sección Biblioteca desta web.

(*) Consideramos produción convencional aquela que non respecta estes principios.