Avançar para o conteúdo

Comunidade de Montes de Coruxo

Coruxo / 687098531

Descrición

Cultivo de Shiitake en troncos de eucalipto. Cultivamos este fungo de gran estacionalidade aproveitando as entresacas dos eucaliptos que mantén o monte veciñal de Coruxo en transición cara un bosque plenamente autóctono.

O ciclo produtivo é completamente pechado: os troncos unha vez rematado o ciclo produtivo volven ó monte como reservorio para insectos ata a súa completa descomposición, a auga na que mergullamos os troncos para o seu choque térmico provén dunha presa antiga na mesma zona de produción e é bombeada cara o depósito grazas a unha placa solar.

Ó tratarse dunha produción tradicional en troncos (non en bolsas) non usamos ningún tipo de agroquímico nin fertilizante, xa que a propia madeira é a que protexe e alimenta o micelio inoculado.

Emprazamento

O emprazamento é nun pequeño souto de castiñeiros dentro do monte veciñal de Coruxo.

Comercialización

Na cooperativa Árbore e dentro da parroquia de Coruxo.

Fitos

Iniciamos en 2019 despois de comprobar por outras experiencias que era posible o cultivo de fungos na madeira de eucalipto.

Documentación do SPG A Gavela

Código QR

QR Code