Tomás. Gondomar / xxxxxxxxx
Descrición
Vidacircular nace coas inquedanzas de Joaquín Díaz e María Dolores González de poñer en valor antigos terreos do Pazo do Conde de Gondomar. No 2020, trala adquisición do terreo, iníciase unha primeira fase de deseño do espazo e comezan os labores para reducir a presencia de eucalipto e acacia respectando as escasas especies autóctonas na finca.
No 2021 incorpórase Tomás Wyatt para poñer en marcha a horta comercial adoptando técnicas de labranza cero e respectando ao máximo a vida no chan.
Na actualidade, ademais, estanse a facer labores de reforestación con árbores autóctonas, plantación de froiteiras, cultivo de fungos, concienciación medioambiental e formación agroecolóxica. Nun futuro próximo vanse introducir animais na finca.
Vidacircular aspira a ser un espazo ecosocial, un lugar de aprendizaxe activa na natureza onde compartir e xermolar sementes de cambio cara a un mundo máis sostible.
Cultivos
Cultivamos hortalizas de tempada e algunhas plantas aromáticas.
Comercialización
Vendemos a particulares a través de cestas de hortalizas cun contido pechado que varía semanalmente. Tamén estamos presentes nalgunhas tendas e restaurantes da contorna.
Documentación do SPG A Gavela
- 2022. Folla de visita: Horta