Avançar para o conteúdo

A Horta da Orxa

Eduardo Irago. Vigo / 626246158

Descrición

Logo de varios anos de aprendizaxe cultivando con criterios agroecoloxicos a horta da casa, comecei a trabalhar terras mais amplas na minha contorna. Eidos que sofren décadas de abandono, presas da mudanza de modelo produtivo e a especulacion urbanistica, e que familiares e vecinhos amablemente cedenme.

Experiencias colectivas coma a “Horta comunitaria” de Amigos da Terra na Universidade de Vigo, a formación adquirida no CIFP A Granxa (Ponteareas) dentro do ciclo de Produción Agroecolóxica e o trabalho en distintos proxectos agroecoloxicos entendidos coma sustento e modo de vida, animaronme a dar este paso.

Virado de costas ás malas practicas da agricultura industrial, respeitando a terra nos laboreos, “convivindo” (que remedio) coas herbas nativas do lugar, facendo uso dos abonos verdes e acolchados, coidando e ampliando o abano de sementes e variedades propias, asociando e rotando cultivos, xerando compost e tendo conta da biodiversidade e a xestion da auga, pretendo atopar, así coas maus, e coa inocencia dun neno que xoga coa area da praia, un xeito de vida máis sostible e razoable, económica i ecoloxicamente falando. Din que pra ir contracorrente, primeiro, compre aprender a nadar..

Emprazamento

As terras situanse na bairro da Orxa, no limite entre Lavadores e Vigo, antiga zona de labradios a pastos onde me criei, e que permanace polo de agora desurbanizada a escasos metros da fonte das Leiteiras, de onde traio a auga de rega.

Cultivos

A minha idea é levar os costumes e saberes da agricultura de subsistencia cara a unha produción máis ampla, transcendendo o autoconsumo. Deste xeito no meu catalogo de cultivos de exterior, destacan alguns moi comuns na horta de casa tradicional desta zona:

Tirabeque, chicharo, alhos, cebolas, porros, patacas, feixon, xudias, acelgas nabizas, tomate, pemento, cabaza..etc

Comercialización

A maior parte da minha producion vendese a traves da Cooperativa de consumo Arbore en Vigo, Tamen fago algo de venda directa cos vecinhos e asisto esporadicamente a algun mercado eco.

Fitos

Comezei esta experiencia na primaveira do 2017, integreime ao ano seguinte no SPG A Gavela, e no 2019 comecei a comercializar as colheitas.

Documentación do SPG A Gavela

Código QR

QR Code