Avançar para o conteúdo

Árbore

Consumo Consciente Árbore, Sociedade Cooperativa Galega

Rúa López Mora 30 baixo, Vigo / 986233497

Para recibir información actualizada podes rexistrarte no boletín de correo electrónico da cooperativa.

Descrición

A nosa cooperativa nace no 2001 como resultante do traballo conxunto de persoas próximas a produción ecolóxica, economía social, software libre, colectivos animalistas…

Nace da ilusión de satisfacer a necesidade de alimentos locais de calidade das nosas socias consumidoras, tentando ser un soporte a longo prazo para as produtoras que traballan con criterios agroecolóxicos na nosa contorna.

Seguindo a idea básica do Consumo Consciente, queremos contribuír coas nosas decisións de consumo a construír un mundo mellor para todas e todos, tamén para os animais.

Participamos no SPG A Gavela dende a súa constitución porque consideramos que é unha ferramenta de enorme importancia para mellorar a comunicación coas produtoras locais e definir e promover conxuntamente modos de produción e comercialización máis respectuosos. Para nos é importante estar aquí, falar e aprender do camiño, e facelo xuntas.

Emprazamento

A tenda e local social da nosa cooperativa atópase na rúa López Mora de Vigo. Xa no 2015 nos desprazamos a este novo local no que contamos con preto dos 120 metros cadrados de superficie comercial.

Gama de produtos

A variedade de produtos que traballamos na cooperativa é ampla: produtos frescos, legumes e cereais a granel, envasados e conservas, panadería, produtos de hixiene e para o fogar… Intentamos que na nosa gama de produtos sempre teña a máxima relevancia elixir opcións respectuosas co ambiente, as persoas e os animais, e por tanto primamos as opcións máis ecolóxicas e de comercio xusto.

Por último destacamos que dende o 2018 ofrecemos obradoiros mensuais de cociña e nutrición que complementan a actividade da tenda e que teñen sido un punto de partida básico para o cambio dos hábitos alimentarios de moitas persoas.

Fitos

  • 2001. Fundación da cooperativa
  • 2014. Nos mudamos ao novo local da cooperativa, máis amplo e con moitas máis posibilidades.
  • 2015. Integrámonos no SPG A Gavela

Documentación do SPG A Gavela

Código QR

QR Code