Os SPG son procedementos que tratan de construír confianza no interno do grupos onde se constrúen, e de extrapolar esa confianza ao externo dos mesmos.
Cuellar Padilla, Mamen y Vara Sánchez, Isabel . (2011). La construcción de la Soberanía Alimentaria.
Un Sistema Participativo de Garantía é unha rede de persoas que teñen unha visión común sobre a maneira correcta de facer as cousas, e se axudan mutuamente a mellorar nas súas prácticas.
Ao contrario que os sistemas de certificación “de terceira parte”, nos que unha entidade exterior vixía o cumprimento de certos requirimentos para o emprego dunha palabra (“ecolóxico”, “orgánico”, “biolóxico”, etc.) ou a concesión dun selo, nos Sistemas Participativos é a comunidade completa que se apoia e supervisa a si mesma: produtoras, consumidoras e pequenos comerciantes participamos da definición das técnicas que nos parecen desexables e as que nos parecen inadmisibles.
Facemos visitas periódicas entre os distintos proxectos que formamos parte do SPG para verificar que os membros do grupo son coherentes con eses criterios.
Non somos un “servizo a profesionais” nin unha etiqueta, e o potencial do SPG vai máis aló da garantía de boas prácticas que ofrece.