Calquera persoa ou proxecto pode ingresar no SPG, dende que cumpra cos requirimentos mínimos. Unha vez dentro, ten que comprometerse a contribuír ao mantemento de un sistema baseado no traballo voluntario e na axuda mutua. Iso concretase no deber de participar nas reunións e nun número mínimo de visitas de verificación.
O SPG é asembleario, e tódalas decisións pasan pola Asemblea Xeral, organismo que se reúne cada poucos meses e que, ademais, serve para que nos coñezamos e fortalezamos os lazos entre nos. No día a día, quen organiza os traballos son as comisións, nas que os membros deberían participar habitualmente.
A Comisión de Xestión, coida dos aspectos máis organizativos do SPG, como a convocatoria de reunións, o Libro de Socias, e as finanzas
A Comisión de comunicación, encárgase da coordinación interna, mantemento das ferramentas en rede e a comunicación externa.
Podes consultar o Regulamento Interno na sección Biblioteca desta web.