Avançar para o conteúdo

Da nosa horta

Héctor Núñez. Cangas do Morrazo / 665673275

Descrición

Da Nosa Horta xurde da inquedanza no noso seo familiar pola alimentación variada e saudable, o coidado da natureza e a contorna, e a conciliación laboral e familiar coma filosofía de vida.

Creemos que un cambio de hábitos alimenticios é posible. Somos partidarios dos artigos de temporalidade e km 0, que garanten a máxima calidade e sabor dos produtos de cultivo xa que respectan o ciclo de maduración dos froitos nas propias plantas, evitando a conservación en grandes cámaras que fan uso de gases de maduración.

Emprazamento

As nosas fincas atópanse na rúa do Frondoal, Limens en Cangas do Morrazo, preto de dunas e mar e arroupados do vento do norte nun fermoso val, e no Casal Darbo tamén nun val cunha contorna privilexiada na que a temperatura media é moi suave prácticamente todo o ano.

Cultivos

Cultivamos a partir do bo facer dos nosos devanceiros, sen pecharnos as fórmulas máis modernas e innovadoras e facendo un uso racional, respetuoso e sustentable dos recursos naturais. Así, o noso proxecto alicérzase na rotación e asociación de cultivos, eludindo de xeito natural as posibles pragas e rexeitando radicalmente o uso de abonos e pesticidas químicos.

O abonado da nosa horta é 100% natural, animal e vexetal, na súa maior parte humus de vermes que se alimentan da reciclaxe dos refugallos vexetais dos nosos fogares.

En Da nosa horta adicámonos básicamente ao cultivo de diferentes variedades de amorodos asociados a outros cultivos protexendose entre si, conseguindo así ter colleitas dende marzo ata case novembro. Sen embargo, como xa dixemos, non somos partidarios do monocultivo polo que tamén temos outro tipo de legumes e hortalizas..

Comercialización

Fitos

  • 2015. Comezo da produción
  • 2016. Entrada no SPG A Gavela
  • 2017. Comezamos a traballar unha segunda finca

Documentación do SPG A Gavela

Código QR

QR Code