Bea e Carlota. Domaio / 722729091 (Carlota), 649220173 (Bea)
Descrición
Fillas da Terra é unha cooperativa de traballo asociado que naceu en Febreiro do 2022, con dúas socias, Beatriz e Carlota. Coidamos dunha horta situada en Domaio.
Dedicámonos o cultivo e venda de hortalizas de tempada e a formación no ámbito da agroecoloxía.
A cooperativa nace dun proxecto anterior, O Feitizal, que xorde no ano 2020 cuns obxectivos dirixidos ao ocio e a educación ao redor da agroecoloxía. Un primeiro equipo de persoas deseñou e preparou a horta, ademais das estruturas precisas para desenvolver o obxectivo de ocio e educación. Posteriormente parte deste equipo abandonou o proxecto e houbo novas incorporacións e algúns cambios: por un lado unha parte do Feitizal pasou a ser unha asociación dedicada ao ocio e a cultura, por outra banda a cooperativa Fillas da terra pasou a ocuparse da xestión das hortas. Estas dúas estruturas se complementan e colaboran no uso e xestión do espazo.
A idea de Fillas da Terra é cultivar hortalizas de tempada nunha horta de 2000 metros cadrados de superficie, a maioría ao aire libre, e unha pequena parte en invernadoiro.
A horta ten dous espazos diferenciados:
- Unha na parte superior con deseño tradicional de bancais rectos
- Unha na parte inferior con deseño circular
Non empregamos ningunha maquinaria e aplicamos unha técnica de labranza 0, cultivando sobre bancais permanentes abonados con compost. Os corredores están cubertos de biomasa para impedir o crecemento de plantas non desexadas. Non empregamos ningún tipo de produto químico.
Cultivos
Cultivamos verduras de tempada que van cambiando segundo o período do ano. Tamén temos algunhas aromáticas como o perexil, coendro, ourego, menta…
Comercialización
Vendemos cestas de hortalizas de tempada a particulares todo o ano, os prezos oscilan entre os 10 e os 20€. Os lugares de reparto son Vigo, Pontevedra e o Morrazo.
Tamén vendemos algunhas hortalizas a tendas e restaurantes do noso entorno.
Documentación do SPG A Gavela
Código QR



