Avançar para o conteúdo

O Alcouve da Moura

O Rosal / 605789915

Descrición

O Alcouve da Moura somos unha cooperativa galega de traballo asociado que comezou a andar a principios do ano 2020, centrándonos na posta en valor do noso entorno a través da produción e comercialización de alimentos
ecolóxicos.

Emprazamento

A meirande parte da terra que traballamos encóntrase no concello do Rosal, a beira do rio Miño, en terras de secano.

Cultivos

Diferenciamos os nosos cultivos en 4 partes:

  • Horta para fresco: onde cultivamos ao aire libre e en invernadoiro
  • Horta para industria: basicamente centrada no grelo e a berza, para envasar en conserveira local
  • Fruticultura: incorporamos plantacións de distintas árbores froiteiras: maceiras, pereiras, pexegueiros, mirabeleiros,..
  • Cogomelos e castañas: e por último temos unha pequena explotación de Shiitake nun souto, onde tamén facemos aproveitamento da castaña

Comercialización

Podedes atopar os nosos produtos en :

  • No Mercado do Rosal
  • Tendas ecolóxicas do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo, Louriña e Condado
  • A domicilio, baixo encomenda
  • En restaurantes do Baixo Miño

Documentación do SPG A Gavela

Código QR

QR Code