O Rosal / 605789915
Descrición
O Alcouve da Moura somos unha cooperativa galega de traballo asociado que comezou a andar a principios do ano 2020, centrándonos na posta en valor do noso entorno a través da produción e comercialización de alimentos
ecolóxicos.
Emprazamento
A meirande parte da terra que traballamos encóntrase no concello do Rosal, a beira do rio Miño, en terras de secano.
Cultivos
Diferenciamos os nosos cultivos en 4 partes:
- Horta para fresco: onde cultivamos ao aire libre e en invernadoiro
- Horta para industria: basicamente centrada no grelo e a berza, para envasar en conserveira local
- Fruticultura: incorporamos plantacións de distintas árbores froiteiras: maceiras, pereiras, pexegueiros, mirabeleiros,..
- Cogomelos e castañas: e por último temos unha pequena explotación de Shiitake nun souto, onde tamén facemos aproveitamento da castaña
Comercialización
Podedes atopar os nosos produtos en :
- No Mercado do Rosal
- Tendas ecolóxicas do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo, Louriña e Condado
- A domicilio, baixo encomenda
- En restaurantes do Baixo Miño
Documentación do SPG A Gavela
Código QR
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/1.jpg)
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/2.jpg)
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/3.jpg)
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/4.jpg)
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/5.jpg)
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/6.jpg)
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/7.jpg)
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/8.jpg)
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/9.jpg)
![](https://agavelaspg.org/wp-content/uploads/2022/05/10.jpg)