Avançar para o conteúdo

Limones molones

Lucas. Moaña / Teléfono

Descrición

A Historia do proxecto comeza co finamento do meu avó no ano 2013 e do meu tío en 2014, os que deixaron uns 200 limoeiros , castiñeiros, nogueiras e maceiras principalmente , cultivadas en convencional, máis algunha zoa de herba, invadida por gramón de xardín.

Eu comecei a coidar da finca a finais de 2014, sen saber moito de nada sobre o agro pero coa idea clara de forxar unha vida no campo. O primeiro ano, inda que pouco, aínda din algún sulfato e fitoquimico, pero pronto comprendín que non era o camiño correcto.

Dende o 2015 a finca leva totalmente limpa de fitoquimicos , perdín a metade dos limoeiros e parte das outras arbores. Pero non importa xa que o monocultivo non e interesante en este clima cambiante que nos tocou vivir.

Os primeiros anos foron unha etapa de aprendizaxe, mantendo o que estaba e plantando diferentes árbores nos ocos baleiros, tanto autóctonos como tropicais, pensando en facer un bosque comestible. Namentres traballaba na preparación duns 600 metros de horta semiperenne, sen sachar nin voltear a terra, con árbores intercalados para sombreo e aporte de materia orgánica como cobertura. Aportando e experimentando métodos e ideas novas cada vez que as aprendía.

Este último ano coñecín a agricultura sintrópica, e estoume centrando para comezar a plantar arbores fixadores de nitróxeno e produtores de materia orgánica este outono- inverno, entre os cultivos froiteiros, para producir o chan e o abono necesario na mesma finca, con menos traballo, sen consumo de combustibles fósiles e sen insumos externos a propia plantación, mentres acumulo CO2 no chan, para así pechar o circulo da economía circular.

Cultivos

Agora a finca consta de arbores de limón, laranxa, mazá, pera, pexego, melocotón, néspera, aguacate, figueira, paw paw, plátanos, guayabitas, árbore de tomate, abelá, noz de macadamia, noz pecana, noz autóctona, castaña, lima, kalamanci, cana de azucre, marmelo, feijoa, granada. Ademais de carballos, sanguiños e sabugueiros para crear ecosistema. . E por outra banda plantas perennes e arbustos ademais da horta. Moitos de eles cunha produción moi baixa, ou sen produción aínda, que so sirve para autoconsumo.

Manteño unha pequena bandada de galiñas , para procesar a sobras orgánicas e ademais aproveitar os ovos.

A longo prazo a idea e producir fungos , ademais de froitas e verduras. Todo de maneira sostible, mentres continuo enriquecendo o chan e infiltrando auga nel. Para así converter a finca nun terreo de aprendizaxe para posibles cursos e para mostrar o que é posible coa permacultura, xa que estou cursando un mestrado en deseño de paisaxes produtivos ademais de un certificado de profesor en permacultura.

Comercialización

Fitos

  • 2014. Comezo do coidado da finca por parte de Lucas
  • 2015. Comeza a usar en exclusiva procedementos agroecolóxicos e deixa de usar fitoquímicos

Documentación do SPG A Gavela

Código QR

QR Code