Coiro (Cangas) / 656479737
Descrición
PROXECTO de traballo no campo a procura dun modo de vida digno, no rural, con compromiso ético, de responsabilidade e respecto polos recursos naturais.
Entre outros OBXECTIVOS: agroecoloxía, recuperación das variedades tradicionais, locais e galegas, alimentación sa, soberanía alimentaria, economía local, circuítos curtos de comercialización.
Emprazamento
Comarca do Morrazo. Concello de Cangas. Parroquia de Coiro. Lugar de Xistro- Novás. Coordenadas: 42º 16 ´ 37,59 N / 8º 46´ 42,55”W.
O val de Coiro é zona chaira, soleada regada polo río Bouzós (ao pé da finca) de onde proceden a maioría das verduras do mercado de Cangas.
Superficie total: 6.000 m2. Baixo abrigo: 384 m2. Exterior o resto.
Cultivos
- Sobre todo HORTÍCOLAS de temporada: acelga, chicoria, berenxena, brócoli, cabaza, cebola, cenoria, col rizada, espinaca, faba, feixón, fresa, grelos, lombarda, nabicol, nabiza, ñoras, patacas, pementos, porros, repolo, tetragonia, tomates, xudías…
- Algunhas AROMÁTICAS: alfabaca, romeu, tromentelo, mentas, ourego
- Unhas poucas MEDICINAIS: estevia, perilla…
- E tamén FLORES: caléndulas, tagetes, cosmos, zinnias
Comercialización
VENDA DIRECTA na propia finca ou en Vigo a veciños, familia , amig@s, grupos de consumo e restaurantes próximos.
Documentación do SPG A Gavela
- 2018. Folla de visita: Horta
- 2021. Folla de visita: Horta
- 2022. Folla de visita: Horta